Ximnasio dos Verbos


1.1.0 par Gabriel Pérez Durán
May 15, 2017

À propos de Ximnasio dos Verbos

Marquez votre verbe abdominale galicienne

O 'Ximnasio dos Verbos' é unha aplicación para que adestres o presente con alternancia vocálica e os verbos irregulares en galego.

Co noso plano de adestramento, poderás retrucar como un/ha regueifeirx e axiña serás un/ha Jedi dos verbos. Despois, o único que che quedará será axudar a outras persoas para que consigan o teu dominio do galego.

En caso de que non teñas un móbil Android, podes visitar o seguinte enderezo: https://lorientado.github.io/XimnasioDosVerbos/

Cales son as características do noso adestramento?

*É subes ou sobes? Non te preocupes! Consulta todos estes verbos revirados e escóitaos.

*Uns bos trucos para que non esquezas estes verbos do demo.

*Como máis vale experiencia que ciencia, ofrecémosche exercicios para que adestres os teus abdominais verbais.

*Pon a proba todo o que aprendiches e convértete nun/ha auténticx Jedi dos verbos en galego cos nosos xogos.

Esta aplicación naceu como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Romanisches Seminar da Universität Heidelberg. Ao abeiro desta institución, o Galicien Zentrum (adscrito ao Iberoamerika-Zentrum) leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía.

Dentro deste marco, as persoas que argallarmos isto fomos Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González. Deseñámolo e programámolo, baixo licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Por último, o 'Ximnasio dos verbos' funciona sen necesidade de estar conectados, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns. Isto require ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

Quoi de neuf dans la dernière version 1.1.0

Last updated on Jun 5, 2018
Novidades:

1. Correción de erros nalgúns dos exercicios
2. Remodelación dalgunha parte da aplicación

Moitísimas grazas por achegar as vosas opinións e por atopar algún erro que había

Informations Application supplémentaires

Dernière version

1.1.0

Telechargé par

Kridakran Sawangcharoen

Nécessite Android

Android 4.1+

Voir plus

Use APKPure App

Get Ximnasio dos Verbos old version APK for Android

Téléchargement

Use APKPure App

Get Ximnasio dos Verbos old version APK for Android

Téléchargement

Alternative à Ximnasio dos Verbos

Découvrir